miércoles, mayo 12, 2010

A interesados!!


Lara, Sela y la menda (Chourizo, Chope y Lacón) estamos dando este Obradoiro, así que si teneis niños en edades comprendidas con las aquí marcadas, ya sabéis! Traedlos!!!

  
OBRADOIROS
2, 9, 16, 23 e 30 de maio de 2010
OBRADOIRO DE COWLIGRAFÍA


Horario
de 12.00 a 13.30 horas
Prezo
1 € / asistente (entrada gratuíta o 16 e o 23)
Obradoiro, ábrese nunha nova fiestra
nenos/as a partir dos 4 anos.
O museo Verbum – Casa das Palabras propón para os domingos do mes de maio uns obradoiros sobre a figura de Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Farémoslle unha chiscadela traballando cos seus recursos fonosimbolistas e o uso da caligrafía como algo máis que unha ferramenta de comunicación, como unha arte plástica á hora de escribir. Todos estes contidos mesturaranse coa modelaxe da vaca da Cow Parade que se atopa no museo, para que todos os participantes se sintan artistas do propio centro.

Domingo 2 de maio. Letra “A”
Presentación da actividade. Familiarizarémonos coas bases do proxecto adentrándonos no becedario dunha forma lúdica e musical facendo fincapé na letra “A”. Trazado de formas lasmando nun papel sentimentos a través dela.

Domingo 9 de maio. Letra “E”
Seguiremos xogando co abecedario musical. Afondaremos no “E” combinando as formas unha ez máis co resto das letras.

Domingo 16 de maio. Letra “I”
Igual que Uxío Novoneyra, comezaremos a facer, a partir de textos de contos e soños, un debuxo coa mesma caligrafía para elaborar a “nova indumentaria” da vaca da Cow Parade.

Domingo 23 de maio. Letra “O”
Letra “O”, seguimos traballando coa nosa vaquiña…

Domingo 30 de maio. Letra “U”
Letra “U”. Verstiremos cos nosos debuxos “cowligráficos” ao rumiante estético do Verbum.

AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.
VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633

No hay comentarios: